Ángeles Alvariño, un ronsel de ardora

Data: 
sábado, 8 de Outubro de 2016
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos, debuxos e música para celebrar o Día da ciencia en Galicia

O 8 de outubro celébrase o Día da ciencia en Galicia e dende a biblioteca queremos aproveitar a ocasión para renderlle homenxe a Ángeles Alvariño, oceanógrafa ferrolá da que precisamente se cumpren estes días 100 anos do seu nacemento.

Para achegarnos á figura desta científica contamos coa presenza de Polo correo do vento, que veñen a ofrecernos un espectáculo de contos, debuxos e música sobre a súa vida e obra.

A actividade terá lugar o sábado 8 de outubro ás 11:00 da mañá e para participar é necesario:

  • Ter 3 anos cumpridos.
  • Ter o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do luns 3 de outubro ás 16:00 horas no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.