Autores/as con pegada
Obradoiro creativo para nenos e nenas a partir de 4 anos
Son moitos os autores e autoras que deixaron pegada ao longo da historia da literatura. Agora queremos que sexan tamén os nenos e nenas de Narón os que deixen literalmente a súa.
O sábado 27 de abril ás 11:00 h. ilustraremos entre todos e todas un texto. A técnica é moi sinxela, untamos o dedo en pintura e aplicámola no papel. Ao rematar o noso traballo faremos unha exposición para que maiores e nenos/as poidan admiralo na biblioteca.
Para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os 4 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É imprescindible reservar praza a partir do martes 23 de abril ás 16:00 h. no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario