Brilla-brilla

Data: 
sábado, 16 de Outubro de 2021
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para bebés de 0 a 3 anos

O sábado 16 de outubro ás 11:00 da mañá a sala de actividades da sección infantil acollerá unha sesión de contacontos para bebés de 0 a 3 anos da compañía Trémola Teatro.

A estreliña Vela está moi triste porque aínda non aprendeu a brillar, pero a súa amiga Lyra achégalle moitas cousas divertidas coas que conseguir que se poña contenta. Conseguirá que Vela brille por fin?

 

Lyra e Vela farán gozar aos máis pequenos/as da casa a través de diferentes xogos cos que comprenderán a importancia e o valor da amizade.

 

 

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas deben ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar praza a partir do mércores 13 de outubro ás 16:00 horas na sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

IMPORTANTE:

Cada neno e nena poderá quedar acompañado/a de ata dúas persoas adultas.

Por favor, agardade no exterior ata ser chamados/as gardando a debida distancia de seguridade co resto das persoas. Unha traballadora da biblioteca estará pendente da vosa chegada e organizará a vosa entrada para facela de maneira segura.

O espazo na sala de actividades estará disposto para cumprir con todas as medidas de seguridade (ventilación, desinfección, distancia de seguridade).

Lembrade que as persoas adultas deben levar posta a máscara en todo momento.

 

Esta actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia a través do programa Ler conta moito.