Cervantes vs. Shakespeare, 400 anos despois

Data: 
sábado, 23 de Abril de 2016
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para celebrar o Día internacional do libro

Este ano cúmprense 400 anos do falecemento de Miguel de Cervantes e William Shakespeare. A data da súa morte é a que marca precisamente a elección do 23 de abril como Día internacional do libro.

O sábado ás 11:00 celebramos esta data cunha sesión de contacontos moi especial, adicada aos dous escritores.

Mediante este espectáculo de Caxoto Contacontos achegámonos ás vidas de Cervantes e Shakespeare, ás suas obras e ao periodo histórico que lles tocou vivir. Dende o Quíxote e Sancho Panza ata Romeo e Xulieta, dende o Coloquio dos cans ata Macbeth; unha viaxe polas cousas que tiñan en común e as cousas que os distanciaban.

Esta actividade está orientada a nenos e nenas a partir de 5 anos.

Para participar é imprescindible:

  • Ter o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do martes 19 ás 9:30 horas, na propia biblioteca ou chamando ao 981 382 173 en horario de apertura.