Coñecendo a Ana María Matute

Data: 
sábado, 11 de Outubro de 2025
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Homenaxe infantil (a partir de 4 anos) a Ana María Matute

Con motivo do centenario do nacemento de Ana María Matute (1925-2025) e coincidindo coa celebración do Día das Escritoras, a biblioteca organiza para o sábado 11 de outubro ás 11:00 unha actividade infantil moi especial para achegar a figura desta autora ás lectoras e lectores máis pequenos.

A través do conto El saltamontes verde, unha das súas historias máis simbólicas e fermosas, exploraremos a fantasía, a amizade e o respecto pola natureza que tanto marcaron a obra de Matute. A actividade, pensada para crianzas a partir de 4 anos, incluirá unha narración oral adaptada e unha dinámica creativa na que cada participante poderá desenvolver a súa expresión artística.

Os nenos e nenas coñecerán algunhas pequenas anécdotas da vida da autora, como cando de nena inventaba contos nos campos do pobo da súa familia ou gardaba frases máxicas nunha libreta que parecía un caixón cheo de imaxinación.

Esta proposta busca poñer en valor a voz dunha das grandes narradoras da literatura española, nun ano no que a súa obra e o seu legado literario están a ser reivindicados en todo o país.

Para participar nesta actividade:

  • As nenas e nenos teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 7 de outubro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173.