Coñecendo a Castelao

Data: 
sábado, 25 de Xaneiro de 2025
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade lúdica para conmemorar o 75 aniversario do pasamento de Castelao

O pasado 7 de xaneiro cumpríronse 75 anos do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Co gallo desta efeméride preparamos unha actividade moi especial na biblioteca para que os nenos e nenas se acheguen á figura dun dos grandes persoeiros da nosa terra.

Esta actividade multidisciplinar está deseñada para que os nenos e nenas a partir de 4 anos coñezan a vida e obra de Castelao dun xeito lúdico e participativo. Aprenderán xogando cos materiais especialmente deseñados polo persoal da biblioteca que poderán levar despois para a casa.

A dinámica terá lugar o sábado 25 de xaneiro ás 11:00 horas.

Para participar:

  • É imprescindible que as nenas e os nenos teñan cumpridos os 4 anos e conten co carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • Haberá que reservar a praza a partir do martes 21 de xaneiro ás 16:00, de maneira presencial ou chamando ao 981 382 173 en horario de apertura.