Como contar contos?
Obradoiro para persoas adultas
Á maioría de nenos e nenas encántalles que lles conten contos en familia. Para esta actividade non se require dunha formación específica pero vai funcionando mellor segunda a nosa propia práctica e experiencia.
Porén, tamén podemos adestrar a nosa habilidade para narrar historias e iso é o que tentaremos facer co obradoiro Como contar contos. Nesta actividade realizaremos exercizos lúdicos e prácticos cos que os/as participantes aprenderán as técnicas básicas para contar contos, tanto as referidas á expresión oral (adestrar o ritmo, a entoación, a dicción…) como á expresión corporal ou xestual.
Este obradoiro orientado a persoas adultas (a partir de 16 anos) vaise desenvolver o mércores 21 de outubro de 18:30 a 20:30 horas na sala de actividades da sección infantil.
Para participar:
Todas as persoas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
É necesario inscribirse a partir do mércores 14 de outubro ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
IMPORTANTE:
Por favor, agardade no exterior ata ser chamados/as gardando a debida distancia de seguridade co resto das persoas. Unha traballadora da biblioteca estará pendente da vosa chegada e organizará a vosa entrada para facela de maneira segura.
O espazo na sala de actividades estará disposto para cumprir con todas as medidas de seguridade (ventilación, desinfección, distancia de seguridade).
Lembrade que é obrigatorio levar posta a máscara en todo momento.
Engadir comentario