Contaba a miña avoa que...

Data: 
sábado, 7 de Marzo de 2020
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos infantil con Fátima Fernández

O vindeiro sábado 7 de marzo ás 11:00 da mañá celebramos por adiantado o Día internacional da muller cunha sesión de contacontos moi especial.

A contacontos Fátima Fernández ofrece ao público infantil (a partir de 3 anos) e familiar o seu espectáculo Contaba a miña avoa que…, unha selección de contos da nosa tradición oral nos que as mulleres somos as protagonistas. Poderemos escoitar relatos cotiáns que foron o xerme da nosa cultura, historias contadas por avoas para nenas e nenos que nos amosan como debemos superar as desigualdades.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas deben ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar praza a partir do martes 3 de marzo na sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.