Contamos en igualdade
Contacontos para público infantil (a partir de 3 anos) e familiar
A biblioteca conmemora o Día internacional da muller cunha sesión de contos para nenos e nenas a as súas familias que leva por título Contamos en igualdade. A actividade terá lugar o sábado 9 de marzo ás 11:00 da mañá.
Esta actividade pretende rachar cos estereotipos dos roles tradicionais asignados aos personaxes dos contos en función do seu xénero, idade, etnia ou mesmo condición social, cultural ou funcional. A través de fermosos contos trataremos de reflexionar sobre a nosa relación coas demais persoas para poder construir entre todos e todas un mundo máis igualitario e pacífico.
Para participar nesta actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter os 3 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 5 de marzo ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario