Contos arredor de nós
Espectáculo de narración oral para público xuvenil e adulto

No Día internacional das bibliotecas, convidámoste a unha sesión de narración oral que vai máis alá do entretemento: unha viaxe pola memoria colectiva, a sabedoría das nosas devanceiras e as historias que aínda hoxe teñen moito que dicir.
Contos arredor de nós, da man da narradora Alba Grande, mestura contos, cantigas e tradición oral para recuperar voces silenciadas, recordar loitas e recoñecer a forza e intelixencia das mulleres que nos precederon. Porque as historias que se contaban antes poden soar a conto... pero moitas veces seguen a ser realidade.
Achégate o venres 24 de outubro ás 19:30 para gozar desta sesión dirixida a público xuvenil e adulto.
Para asistir non necesitas reservar praza, a entrada é libre ata completar o aforo dispoñible.
Engadir comentario