Contos de peto

Data: 
sábado, 17 de Outubro de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sesión de contacontos para bebés de 0 a 36 meses

Un peto é un sitio ideal para gardar de todo. No peto da dereita van os contos para rir, para soñar ben, para cantar e namorar. No da esquerda, os de chorar e os de esquecer. Pero nos dous hai un buraquiño por onde se poden escapar e facer trasnadas.

Así que haberá que ter coidado, ir amodo, abrir ben as orelliñas e prestar atención, porque o conto xa empezou.

Así é como describe a compañía A nube de artear esta sesión de contacontos pensada especialmente para bebés de 6 a 36 meses. Recibirémolos na biblioteca o sábado 17 de outubro ás 11:00 da mañá.

 

Para participar:

  • Os bebés teñen que ter entre 6 e 36 meses e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 13 de outubro ás 16:00, na propia biblioteca ou chamando ao 981382173.

 

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.