Contos de revolución
Espectáculo de narración oral e música en directo para público xuvenil e adulto
O venres 25 de outubro ás 19:30 Dani Blanco ofrécenos un espectáculo único onde a teoría do caos e as revolucións históricas se entrelazan coa obra mestra de Neira Vilas, Memorias dun neno labrego.
Partindo da famosa idea de que o bater de ás dunha bolboreta en Australia pode provocar un furacán en América, este espectáculo transportaranos dende Buenos Aires ata a caída do Muro de Berlín. No camiño, faremos parada en momentos icónicos como o maio do 68 en París ou fenómeno musical dos Tamara.
Nun ton sempre humorístico, esta viaxe é unha homenaxe á revolución desencadeada pola obra de Neira Vilas. A voz de Dani Blanco acompáñase do acordeón de Zé Pumar, que interpretará cancións de George Brassens.
A asistencia a este espectáculo é libre e de balde ata completar o aforo dispoñible da sala.
Engadir comentario