Contos do Brasil
Contos cos que achegarnos á cultura do país que acolle os Xogos Olímpicos
Este ano celébranse en Río de Janeiro os XXXI Xogos Olímpicos, que comezan o venres 5 de agosto e rematan o domingo 21.
Para achegarnos á cultura do país que acolle esta celebración, Caxoto Contacontos ofrécenos o seu espectáculo Contos do Brasil, unha sesión de contos e música en directo coa que viaxaremos ás selvas amazónicas para atoparnos co noso propio pasado: os xoguetes, as cantigas e os contos que a cultura brasileira e portuguesa ten en común coas nosas raíces galegas.
Para participar nesta actividade é necesario:
- Ter 4 anos ou máis.
- Ter o carné da biblioteca.
- Reservar praza a partir do martes 26 de xullo ás 9:00 horas no mostrador de préstamo ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario