Contos vellos, novos finais

Data: 
sábado, 28 de Novembro de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Unha sesión de contos en igualdade e contra a violencia de xénero.

Sábado 28 de novembro ás 11:00

Este sábado 28 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a violencia de xénero cunha sesión de contos en igualdade.

Caxoto Contacontos desmonta algúns contos tradicionais para limpalos de estereotipos de xénero e ofrecernos finais alternativos onde triunfa a igualdade entre homes e mulleres, nenos e nenas.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos. Lembrade que para inscribir aos vosos fillos/as, estes deben ter o carné da biblioteca e deberedes reservarlles praza a partir do mércores 25 de novembro ás 9:30, acudindo á biblioteca ou chamando (durante o horario de apertura) ao 981 382 173.