Contos vellos, novos finais
Unha sesión de contos en igualdade para conmemorar o Día internacional da muller
Este sábado 12 de marzo ás 11:00 conmemoramos o Día internacional da muller cunha sesión de contos en igualdade.
Caxoto Contacontos desmonta algúns contos tradicionais para limpalos de estereotipos de xénero e ofrecernos finais alternativos onde triunfa a igualdade entre homes e mulleres, nenos e nenas.
Para participar nesta actividade:
♦ Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
♦ É necesario reservar praza a partir do martes 8 de marzo ás 16:00 horas de maneira presencial (na sala de adultos/as) ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario