A Corva
Espectáculo de narración oral para público xuvenil e adulto

O venres 23 de outubro, ás 19:30 horas, a sala principal da biblioteca acollerá A corva, un espectáculo de narración oral para público xuvenil e adulto a cargo da contadora Cristina Collazo.
A corva, compoñedora de contos está baseado na figura de Carmen Montoiro, unha compoñedora de ósos dunha pequena vila da Estrada, e recupera cantos e contos procedentes da tradición oral galega.
A proposta combina narración e participación do público nun espectáculo interactivo que nos achega a un mundo no que as historias da tradición oral cobran vida e no que o mundo das mortas visita o das vivas. Unha actividade especialmente axeitada para estas datas próximas ao Samaín.
A entrada é libre ata completar o aforo da sala.







Engadir comentario