Da cabeza aos pés

Data: 
sábado, 18 de Outubro de 2025
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Espectáculo de contacontos para bebés de 6 a 36 meses e as súas familias

O sábado 18 de outubro ás 11:00 acolleremos na biblioteca unha nova sesión de contos para bebés de 6 a 36 meses: Da cabeza aos pés.

A narradora Charo Pita, quen xa visitou a nosa biblioteca noutras ocasións cun éxito rotundo, tráenos desta volta un espectáculo pensado especialmente para os máis pequenos e pequenas da casa e as súas familias.

Cada parte do corpo conta a súa historia, ten o seu ritmo e o seu xogo: contos, brincadeiras, rimas e cancións que convidan a explorar, rir e compartir momentos de conexión e descubrimento entre bebés e persoas adultas acompañantes.

Para participar:

  • As/os bebés teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 14 de outubro de maneira presencial ou chamando ao 981382173.