E ti, que queres ser de maior?
Contacontos pola igualdade de oportunidades
O sábado 11 de marzo ás 11:00 Paula Regueiro, de Trémola Teatro, ven celebrar con nós o Día internacional da muller ofrecéndonos o seu espectáculo E ti, que queres ser de maior?
Esta sesión de contacontos está protagonizada por Yoli, unha nena que non ve máis que atrancos por parte dos seus compañeiros e compañeiras da clase cando expresa a que lle gustaría adicarse profesionalmente.
Para participar nesta actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter os tres anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza. Podedes facelo a partir do martes 7 de marzo ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario