Entre risas e xogos

Data: 
sábado, 6 de Maio de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Un obradoiro para escachar coa risa

Un dos maiores praceres da vida é rir a gargalladas.  A risa considérase unha expresión das emocións asociadas á alegría, á diversión e ao humor.

Este sábado 6 de maio ás 11:00 celebramos o Día mundial da risa practicándoa todo o que sexa posible cos nenos e nenas que participen no obradoiro de risoterapia que temos preparado.

 

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 2 de maio ás 16:00 horas. Podedes facelo na propia biblioteca ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.