Florencio Delgado Gurriarán, o poeta de Valdeorras

Data: 
sábado, 14 de Maio de 2022
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos especial do Día das Letras Galegas 2022

A compañía Trémola Teatro visita novamente a biblioteca para ofrecer aos nenos e nenas a partir de 3 anos un espectáculo moi especial: Florencio Delgado Gurriarán, o poeta de Valdeorras. 

A través dunha viaxe polos seus poemas achegarémonos á vida e obra do autor ao que este ano está adicado o Día das Letras Galegas. Esta viaxe axudaranos a coñecer moitos aspectos da nosa tradición cultural e a comparalos coa actualidade.

Para participar nesta actividade que se vai desenvolver o sábado 14 de maio ás 11:00:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os tres anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario inscribirse a partir do martes 10 de maio ás 16:00 horas de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.