Gloria, a poeta dos nenos/as

Data: 
sábado, 17 de Febreiro de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade conmemorativa do  25 aniversario do falecemento de Gloria Fuertes.

No pasado mes de novembro fixéronse 25 anos da morte de Gloria Fuertes, a poeta dos nenos/as. Gloria foi coma unha fada madriña das letras que contaba historias marabillosas con palabras máxicas.

Para que os nenos e nenas de hoxe en día non perdan este legado organizamos na biblioteca unha homenaxe en forma de actividade infantil.

O sábado 17 de febreiro ás 11:00 os nenos e nenas poderán participar nunha actividade na que leremos O meu primeiro libro sobre Gloria Fuertes, de Antonio A. Gómez Yebra, escoitaremos a súa particular, única e memorable voz e elaborarmos un crebacabezas coa súa imaxe e un dos seus poemas.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do mércores 14 de febreiro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.