La abuela necesita besitos
Contacontos e obradoiro ofrecido por AFAL (Asociación de familiares de Alzheimer) para nenos e nenas entre 6 e 9 anos.
AFAL Ferrolterra ofrécenos este sábado 12 de decembro ás 11:00 da mañá un contacontos e obradoiro orientado a nenos e nenas entre 6 e 9 anos.
A actividade é unha adaptación de La abuela necesita besitos, de Ana Bergua, un conto cheo de sensibilidade que pretende axudar aos máis pequenos/as a entender e aceptar o proceso de envellecemento e deterioro das capacidades mentais do ser humano como algo natural.
Podedes reservar a vosa praza para esta actividade a partir do mércores 9 de decembro ás 16:00 horas, no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173 en horario de apertura.
Lembrade que todos os nenos/as que participen nas actividades teñen que ter o carné da biblioteca.
A actividade terá unha duración estimada de entre unha hora e hora e media. Nesta ocasión os nenos/as poden quedar acompañados dunha persoa adulta (só unha persoa por neno/a).
Engadir comentario