Maios, a festa na biblioteca

Data: 
sábado, 9 de Maio de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Unha mañá para descubrir, escoitar e crear arredor dunha das tradicións máis fermosas da primavera.

Ao redor do 1 de maio Galicia celebra unha das súas tradicións máis singulares, a dos maios. Na biblioteca queremos conmemorar tamén esta festa cunha actividade especial que terá lugar o sábado 9 de maio ás 11:00.

Os nenos e nenas a partir de 4 anos están convidados/as a participar nunha dinámica para achegarse dun xeito lúdico a esta tradición. Ao longo da sesión coñecerán a orixe e o significado dos maios e porán en marcha a súa creatividade nun pequeno obradoiro colectivo no que contribuirán á elaboración dun maio.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter  4 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 5 de maio ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.