A maleta de Rosalía e as súas palabras

Data: 
sábado, 21 de Febreiro de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade lúdica para celebrar o Día de Rosalía de Castro

Co obxectivo de achegar a figura de Rosalía de Castro aos máis pequenos e pequenas, organizamos unha actividade lúdica e participativa na que os nenos e nenas:

♦ Descubrirán, a través dunha presentación visual, quen foi Rosalía, onde viviu e o que lle gustaba: a natureza, as palabras a expresión dos seus sentimentos...

♦ Participarán en A maleta de Rosalía, unha dinámica na que, mediante obxectos simbólicos, irán relacionando ideas e conceptos da súa vida e da súa obra dunha maneira sinxela e dun xeito próximo.

♦ Escoitarán un poema de Rosalía de Castro, que axudará a afianzar o aprendido dende a emoción.

♦ Decorarán follas que formarán “A árbore de Rosalía”, unha obra colectiva que poñerá en valor a creatividade e a forza das palabras.

 

Esta actividade terá lugar o sábado 21 de febreiro ás 11:00 horas.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do mércores 18 de febreiro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.