Mario pensaba que o galego non servía para nada

Data: 
xoves, 21 de Febreiro de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos e obradoiro de ilustración co que celebramos o Día da lingua materna.

O 21 de febreiro conmemórase en todo o mundo o Día internacional da lingua materna, unha data na que as Nacións Unidas lembran a todos os seus estados membros o seu deber de promover, preservar e protexer todas as linguas que falan os pobos do mundo.

Na biblioteca queremos contribuir a esta causa organizando para ese mesmo día, xoves 21 de febreiro ás 18:00 horas, unha actividade multidisciplinar para nenos e nenas a partir de 3 anos.

A compañía Polo correo do vento tráenos o seu espectáculo Mario pensaba que o galego non servía para nada, unha actividade na que Quique Mauricio nos vai contar a historia de Mario, un neno que non daba importancia á súa lingua nai. Ao mesmo tempo poderemos contemplar como Carlos Taboada vai facendo un enorme mural no que ilustra unha das esceas do conto. Ao rematar a narración, Carlos Taboada ensinaranos a debuxar paso a paso algún dos elementos do conto.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os tres anos cumpridos. Os/as que teñan tres anos deberán quedar acompañados/as dunha persoa adulta, a partir de esa idade poden quedar sós ou acompañados/as (xa é opcional).
  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar praza a partir do luns 18 de febreiro ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.