A maxia de Europa

Data: 
mércores, 15 de Maio de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Espectáculo de maxia para descubrir os valores da Unión Europea

Cada 9 de maio celébrase o Día de Europa, unha efeméride para lembrar a data na que en 1950 Robert Schuman deu un discurso coñecido como Declaración Schuman que suporía a primeira semente da Unión Europea.

Europe Direct A Coruña ofrécenos un xeito máxico, visual e sinxelo de coñecer os símbolos e os valores europeos a través dun espectáculo de maxia a cargo do mago Pedro Bugarín para o público infantil e familiar.

Únete a nós o vindeiro mércores 15 de maio ás 18:00 horas para compartir esta experiencia e descubrir as oportunidades que ofrece a cidadanía europea.

Para participar reserva a túa praza a partir do xoves 9 de maio ás 16:00 horas. Podes facelo de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

#europedirectacoruña  #europanoteuconcello