Miña terra, meu lar

Data: 
sábado, 26 de Outubro de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos ambientais

Como sabedes, estamos adicando moitas das nosas actividades infantís á concienciación sobre o cambio climático e o coidado do medio ambiente.

O vindeiro sábado día 26 celebraremos na biblioteca unha sesión de contacontos con estes temas como eixo principal.

Ás 11:00 da mañá Caxoto Contacontos dará comezo ao seu espectáculo Miña terra, meu lar, un alegato a favor do coidado do mar onde cada neno e nena participante poderá tomar conciencia do seu poder para salvar os ecosistemas.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos. Para participar é necesario:

  • Ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • Reservar praza a partir do martes 22 de outubro ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.