Micromachista eu?

Data: 
sábado, 26 de Novembro de 2016
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro de dinámica activa para aprender a identificar e combater os micromachismos

A pesares de haber un importante avance na loita para acadar a iguadade dentro da sociedade, aínda quedan crenzas e valores arraigados que discriminan, menosprezan e afogan ás mulleres.

Estas maneiras de pensar están tan "normalizadas" na sociedade que son menos perceptibles e por elo, máis difíciles de erradicar. Se queremos seguir avanzando cara unha igualdade plena e real é moi importante que todos e todas saibamos identificar e correxir o que non estamos facendo ben. 

No obradoiro Micromachista eu?  que terá lugar o sábado 26 de novembro de 11:00 a 12:30 aprenderemos o que son os micromachismos, veremos cales son esas expresións menos visibles de violencia de xénero que fan igualmente dano e obstaculizan o noso camiño cara a igualdade.

Contido:

  • Conceptos básicos.

  • Que é un micromachismo. Exemplos.

  • Os micromachismos nos diferentes eidos (familia, escola, traballo, medios de comunicación…).

Esta actividade é libre e de balde e está orientada a persoas a partir de 14 anos.

Para participar, inscríbete na biblioteca ou chama ao 981382173 en horario de apertura. Podes facelo a partir do luns 21 ás 9:30 horas.