A nena do violino e a poesía
Contacontos teatralizado
O vindeiro sábado 11 de maio ás 11:00 recibimos á compañía Trémola teatro cunha actividade infantil moi especial coa que coñeceremos mellor a Luisa Villalta.
Vide descubrir a súa fascinante historia nun percorrido dende a súa infancia, na que estaba inseparablemente unida ao seu “violino”, ata o día no que descubriu o seu primeiro libro de poesía.
A medida que crecía, Luisa Villalta enfrontábase a novas realidades que non lle gustaban moito e por iso decidiu que intentaría cambiar o mundo. Queres coñecer todo o que fixo para que o mundo fose un lugar mellor? Acompáñanos nesta viaxe pola vida e a obra da escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024.
Para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os seis anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 7 de maio ás 16:00 horas de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario