Nicasso, un pintor de brocha gorda

Data: 
sábado, 9 de Maio de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos e obradoiro para achegarnos á figura de Pablo Picasso

ACTUALIZACIÓN: Xa podes ver as fotos na Galería

O sábado 9 de maio coñeceremos a Nicasio, un obreiro xubilado con grandes dotes artísticas que, coma a maioría dos superheroes, ten outra personalidade coa que trata de mellorar o mundo.

Logo de escoitar a súa emocionante historia tentaremos imitar unha das súas grandes facetas artísticas. Cada neno e nena participante elaborará o seu propio autorretrato cubista ao estilo de Nicasso.

Data e hora: sábado 9 de maio de 11:00 a 12:30.

A quen vai dirixido? Nenos e nenas a partir de 5 anos.

Como podo participar?

  • Tes que ter o carné da biblioteca.
  • Debes reservar a túa praza a partir do luns 4 de maio ás 16:00 horas, no mostrador de préstamo ou chamando ao 981 382 173.