Nubes, tormentas e arcos da vella

Data: 
sábado, 23 de Marzo de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro para pequenos/as meteorólogos

O sábado 23 de marzo celébrase o Día Meteorolóxico Mundial e querémolo celebrar cunha actividade lúdica para os nosos pequenos e pequenas científicos/as.

Ás 11:00 da mañá teremos un obradoiro co que coñeceremos que é a meteoroloxía e cales son os fenómenos meteorolóxicos máis comúns e tamén falaremos de cales son as causas e as consecuencias do cambio climático e do que podemos facer para intentar frealo.

Os nenos e nenas converteranse por uns minutos en “homes e mulleres do tempo” para darnos a predición meteorolóxica e terán tamén a oportunidade de facer algún experimento relacionado coas nubes e o vento.

Para participar:

  • As nenas e os nenos teñen que ter os 4 anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 19 de marzo ás 16:00 horas de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.