O corpo en movemento
Actividade para conmemorar o Día internacional da danza
O sábado 29 de abril ás 11:00 da mañá conmemoramos o Día internacional da danza cun obradoiro no que os nenos e nenas coñecerán o porqué desta celebración, verán como se moven e movían algunhas das figuras más recoñecidas desta arte e aprenderán sobre diferentes tipos e estilos de danza.
A continuación queceremos os nosos corpos para crear entre todos e todas unha coreografía e poñela en práctica.
Para participar nesta actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter os cinco anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 25 de abril ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario