O esquío e o piñeiro máxico

Data: 
sábado, 28 de Febreiro de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos para nenos e nenas entre 4 e 8 anos o sábado 28 de febreiro

Contín contón

Este sábado, día 28 de febreiro, ás 11 da mañá continuamos o noso programa de actividades cunha sesión de contacontos que leva por título O esquío e o piñeiro máxico.

Se tes entre 4 e 8 anos podes reservar a túa praza a partir do luns 23 de febreiro ás 16:00 horas, no mostrador de préstamo ou chamando ao 981 382 173. 

Xa podes ver as fotos desta actividade na Galería