O legado de Verne

Data: 
mércores, 7 de Outubro de 2020
Lugar: 
Axencia de lectura municipal da Gándara

Unha emocionante sesión de escaperoom portátil

A Axencia de lectura da Gándara (na Casa da mocidade) acolle este mércores día 7 de outubro ás 18:00 horas unha emocionante actividade para nenos e nenas a partir de 9 anos.

O Legado de Verne presenta un importante reto: un gran asteroide está a piques de impactar contra a Terra e só queda unha esperanza; o escritor deixou, oculto nunha caixa, un prezado legado que pode salvar a humanidade. Nunha hora (tempo que resta para o impacto) os xogadores e xogadoras deberán descubrir o misterio que agocha, acudindo aos libros de Verne, nunha emocionante aventura.

 

Para participar nesta actividade:

  ► Os nenos e nenas deben ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.

  ► É imprescindible reservar praza a partir do xoves 1 de outubro ás 16:00 horas na sala de adultos/as da Biblioteca central do Alto ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

Que é o escape room?

O escape room ou cuarto de escape é un xogo de desafío mental que consiste en solucionar enigmas e superar diferentes probas para tentar escapar dun espazo no que os xogadores e xogadoras se atopan encerrados.

Neste caso adaptamos o concepto ao público infantil e xuvenil e ás condicións da sala de maneira que os nenos e nenas non se atopan pechados en ningún momento. Ademáis contan coa presenza dun director do xogo que lles axuda no desenvolvemento dos enigmas.

 

IMPORTANTE:

Por favor, agardade no exterior ata ser chamados/as gardando a debida distancia de seguridade co resto das persoas. Unha traballadora da biblioteca estará pendente da vosa chegada e organizará a vosa entrada para facela de maneira segura.

O espazo na sala de actividades estará disposto para cumprir con todas as medidas de seguridade (ventilación, desinfección, distancia de seguridade).

Lembrade que é obrigatorio levar posta a máscara en todo momento.