O meu mellor inimigo
Un truco definitivo para liberarnos dos nosos maiores inimigos e inimigas
ACTUALIZACIÓN: As prazas para esta actividade esgotáronse o martes 7 ás 16:40 horas.
Este sábado día 11 conmemoramos cun chisco de adianto o Día do amor e da amizade e facémolo cunha sesión de contacontos moi especial: O meu mellor inimigo daranos as claves para poder desfacernos da nosa lista de inimigos/as. Remataremos con eles e elas dunha maneira definitiva!
A actividade comezará ás 11:00 e está orientada a nenos e nenas a partir de 4 anos.
Se queres que o teu fillo ou filla participe, lembra que:
- Ten que ter o carné da biblioteca.
- É necesario reservar a súa praza. Podes facelo a partir do martes 7 de febreiro ás 16:00 horas, no mostrador de préstamo ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Actividade baseada en Pastel para enemigos, de Derek Munson.
Engadir comentario