O segredo da biblioteca

Data: 
sábado, 25 de Outubro de 2025
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Celebramos o Día internacional das bibliotecas cunha aventura para público infantil

O vindeiro sábado 25 de outubro ás 11:00, a biblioteca acolle unha actividade moi especial dirixida a nenas e nenos a partir de 3 anos: un espectáculo teatral interactivo que mestura fantasía, emoción e… moitos libros!

A compañía Trémola Teatro preséntanos O segredo da biblioteca, unha historia que convida a explorar o valor das bibliotecas e o poder das historias:

Iria atopa unha chave misteriosa debaixo da súa cama. Abre unha porta secreta e descobre unha biblioteca chea de libros… que falan! Pero precisará da túa axuda para resolver pistas, superar probas e descubrir o segredo mellor gardado do reino das historias. Acompañas a Iria nesta emocionante aventura?

A actividade celébrase ao día seguinte do Día internacional das bibliotecas, que conmemoramos cada 24 de outubro para poñer en valor o seu papel como espazos abertos, de acceso á información, á cultura e á liberdade de pensamento.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 3 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 21 de outubro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.