Obradoiro de máscaras
Decoramos ao noso gusto as máscaras de entroido
O sábado 25 de febreiro celebramos o entroido cun obradoiro creativo no que decoraremos as nosas máscaras. A actividade comezará ás 11:00 da mañá e durará aproximadamente unha hora. Nela poden participar nenos e nenas a partir de 3 anos (os/as que non teñan os 4 anos cumpridos deberán quedar acompañados/as dunha persoa adulta).
Se queres que o teu fillo ou filla participe, lembra que:
- Debe ter o carné da biblioteca.
- Deberás reservar a súa praza. Podes facelo a partir do martes 21 de febreiro ás 16:00 horas, no mostrador de préstamo ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
É recomendable traer roupa que non vos importe manchar.
Engadir comentario