Obradoiro de Nadal
Obradoiro infantil para celebrar a chegada do Nadal.
![1216 Obradoiro Nadal.png 1216 Obradoiro Nadal.png](https://biblioteca.naron.gal/sites/default/files/1216%20Obradoiro%20Nadal.png)
A maxia do Nadal chega á biblioteca e queremos festexala cun obradoiro no que os nenos e nenas poderán elaborar elementos decorativos para poñer a nota de cor nos seus fogares.
O sábado 16 de decembro ás 11:00 organizamos un obradoiro no que crearemos bolas de neve para a árbore e outros elementos decorativos.
Para participar nesta actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 12 de decembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
NOTA: Os nenos e nenas de 4 anos deberán quedar acompañados dunha persoa adulta (só unha persoa por neno/a).
Engadir comentario