Orquestra de camarote
Música e contos para público infantil e familiar
O sábado 19 de novembro ás 11:00 da mañá faremos unha homenaxe adiantada aos e ás músicos do mundo, que celebran o día 22 a súa patroa, Santa Icía.
Recibimos na biblioteca á Orquestra de Camarote, que ven ofrecernos un espectáculo musical con personaxes moi especiais e música de moitos e moi variados estilos. Con eles faremos unha viaxe musical por distintas partes do mundo.
Para participar na actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter os cinco anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 15 de novembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario