Os contos da nai da miña nai

Data: 
sábado, 10 de Novembro de 2018
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos con Fátima Fernández

O sábado 10 de novembro ás 11:00 da mañá recibimos a Fátima Fernández, que nos vai contar (segundo as súas propias palabras) “Historias recollidas da nosa tradición oral e escrita, baseadas en mulleres que protagonizaron a nosa vida cotiá e marcaron o noso futuro. Cancións de berce, poesía, contos, da miña avoa e da túa, de ilustradas e non tanto. Unha pequena homenaxe a todas as avoas e particularmente a “Minia Senín” personaxe de María Victoria Moreno Márquez, a quen se dedica este ano o Día das letras galegas”.

Fátima Fernández estivo na nosa biblioteca o pasado ano para celebrar o Día internacional do libro infantil e xuvenil co seu espectáculo Contos revoltos. Os/as que asististes a aquela sesión non quereredes perder esta; os/as que non, tedes agora unha gran oportunidade de coñecela.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 4 anos cumpridos.
  • É imprescindible reservar praza a partir do martes 6 de novembro ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
  • Os nenos e nenas participantes teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.