Poesía para pequenos xigantes

Data: 
sábado, 21 de Marzo de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Celebramos o Día mundial da poesía cunha actividade para nenos e nenas.

O sábado 21 de marzo ás 11:00 celebramos o Día mundial da poesía cunha proposta divertida pensada para nenos e nenas a partir de 4 anos. Será unha actividade dinámica para achegarse ao mundo da poesía a través do xogo, da imaxinación e do pracer de experimentar coas palabras.

Comezaremos cunha pequena introdución para descubrir que é a poesía e coñecer algúns e algunhas poetas salientables. A partir de aí, os nenos e nenas participarán en diferentes xogos (Poemas tolos e Cada ovella coa súa parella) nos que a linguaxe se converterá nun auténtico parque de aventuras.

A actividade completarase con adiviñas inspiradas en contos clásicos que os pequenos e pequenas deberán resolver por equipos, poñendo a proba o enxeño e a memoria lectora.

Para participar:

  • É necesario ter 4 anos cumpridos e o carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendentes.
  • Haberá que reservar praza a partir do martes 17 de marzo ás 16:00 h, de maneira presencial ou chamando ao 981 382 173 en horario de apertura.