Presentación de "El acertijo de Anat"
A ferrolá Stephanie Olwen presenta o seu libro na biblioteca

O vindeiro venres 11 de febreiro a sala multiusos da planta soto acollerá ás 19:00 horas a presentación da nova novela da escritora ferrolá Stephanie Olwen, El acertijo de Anat. A obra está publicada pola editorial Caligrama, que destaca na súa sinopse:
Unha moza de orixe exipcia chamada Anat vese involucrada nunha serie de acontecementos que a levarán a descubrir a súa verdadeira identidade. Xunto con Enoch, un misterioso e poderoso home, outros inesperados individuos guiarana no seu camiño por extraordinarios lugares para que sexa quen de levar a cabo a misión encomendada polos deuses: liberar a Terra do mal ao que está sometida.
Neste enlace podedes ver o booktrailer da obra: El acertijo de Anat.
O acto está aberto ao público en xeral ata esgotar o aforo dispoñible da sala.
Engadir comentario