Proxección de curtas en lingua galega

Data: 
venres, 15 de Maio de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade conmemorativa do Día das letras galegas

A Concellaría de Educación e Bibliotecas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, organizou en 2014 un Curso básico de Curtametraxes, Blogs e Literatura Popular Galega co obxectivo de achegar formación sobre creación audiovisual, para darlle valor á riqueza do imaxinario popular como fonte de creatividade, e fomentar a presenza da lingua galega neste ámbito.

Durante o desenvolvemento deste curso o alumnado creou as curtametraxes tituladas Cada can que lamba o seu e Valor de día, ambas baseadas en contidos tirados da literatura popular e cun ton humorístico.

Tamén en 2014, coa colaboración de Concellaría de Turismo e a Alcaldía, o Servizo de Normalización Lingüística organizou a creación da curta Narón XL, coa que se pretende divulgar dunha forma lúdica o Concello de Narón. Nesta curta participou boa parte do alumnado do Curso de creación de curtas, blogs e literatura popular galega, quen elaborou o guión, actuou e traballou na parte técnica deste proxecto audiovisual.

O venres 15 de maio a partir das 19:00 horas poderemos disfrutar destes tres proxectos audiovisuais na biblioteca.

  • Cada can que lamba o seu
  • Narón, unha cidade XL
  • Valor de día

Para todos os públicos.

Entrada de balde ata completar aforo.