Que contan as árbores...?
Contacontos para celebrar o Día mundial do medio ambiente
O 5 de xuño celébrase o Día mundial do medio ambiente, data que celebraremos na biblioteca o sábado 3 ás 11:00 co espectáculo infantil e familiar Que contan as árbores…?, da compañía Maquinarias Teatro.
Helga Méndez tráenos este espectáculo de contacontos con historias propias pero tamén de Gianni Rodari e Shel Silverstein. Para contalas sérvese da palabra e da axuda de obxectos de refugallo.
Segundo Helga Méndez, esta é unha contada para falar desde o humor dos ritmos frenéticos do progreso, e para falar desde o amor dos ritmos repousados da natureza.
Para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É imprescindible reservar praza a partir do martes 30 de maio ás 16:00 horas de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler Conta Moito.
Engadir comentario