Que pasaría se o mundo quedase sen bágoas?

Data: 
sábado, 7 de Febreiro de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos infantil sobre as emocións, os estereotipos e a igualdade

O vindeiro sábado 7 de marzo a biblioteca acolle un contacontos de Ana Meilán que nos convida a reflexionar sobre as emocións, os estereotipos e a igualdade a través dunha historia tan sinxela como profunda.

A historia preséntanos a Simón, un neno que, canso de que lle chamen chorón, decide gardar as súas bágoas debaixo da cama. A partir dese xesto aparentemente pequeno, o conto abre unha pregunta enorme: que pasaría se deixásemos de chorar? Que sería dun mundo no que ocultar as emocións fose a norma?

Celebramos esta actividade o día previo ao 8M, Día Internacional da Muller, porque o relato conecta directamente coa igualdade e coa necesidade de cuestionar os roles e expectativas que se nos impoñen dende idades temperás. O conto pon o foco na idea de que expresar sentimentos non nos fai máis febles, senón máis libres, e que o dereito a chorar, sentir e emocionarse pertence a todas as persoas, sen excepcións nin etiquetas.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os tres anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 3 de marzo ás 16:00 horas, ben de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.