+ Que un peón
Obradoiro de xogos tradicionais con materiais reciclados
O sábado 11 de xuño ás 11:00 da mañá festexaremos o Día internacional do xogo e o Día internacional do medio ambiente (datas que se conmemoran o 28 de maio e o 5 de xuño respectivamente) cunha actividade multidisciplinar na que daremos a coñecer aos nenos/as unha pequena historia de diferentes xogos tradicionais galegos. A continuación eles/as mesmos/as elaborarán algúns destes xoguetes utilizando materiais reciclados. Ademais terán á súa disposición unha selección bibliográfica para que poidan levala a casa en préstamo e seguir profundizando sobre esta temática.
O obradoiro está dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos.
Para participar nesta actividade:
- As nenas e nenos teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 7 de xuño ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario