Titerexando
Actividade multidisciplinar para celebrar o Día mundial do títere.
O sábado 26 de marzo ás 11:00 da mañá organizamos a actividade multidisciplinar Titirexando para festexar o Día mundial do títere, que é o luns anterior, día 21.
Coñeceremos os tipos de títeres e marionetas que existen e a súa historia. Veremos tamén algúns dos máis representativos da literatura e as artes escénicas, poderemos tocar e experimentar cunha colección de títeres e marionetas de varios tipos e escoitaremos un conto animado con títeres de dedos.
Para participar nesta actividade:
► Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
► É necesario reservar praza a partir do martes 22 de marzo ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario