Todas as voces contan
Espectáculo de contacontos para público xuvenil (a partir de 14 anos) e adulto.
O venres 15 de marzo ás 19:30 recibimos á compañía Trémola teatro que ven ofrecernos, no marco das conmemoracións do 8M, o seu espectáculo Todas as voces contan.
Manuela lembra historias e cancións de xuventude da súa avoa e da súa vida na aldea. Os tempos cambiaron, quizais demasiado rápido nalgúns aspectos, pero non o suficiente noutros. Manuela e a súa avoa teñen un plan, van rescribir o final das súas historias, onde a partir de agora, todas as voces conten.
A través deste espectáculo reflexionaremos sobre o paso do tempo, a igualdade de xénero, o rural e atención á terceira idade.
Convidámosvos a todos e todas a asistir a este evento para o que non é necesaria inscrición previa. A asistencia é libre ata completar o aforo da sala.
Engadir comentario