Un corazón a flor de pel
Emocionante contacontos para nenos e nenas a partir de 4 anos
Coa volta do outono retomamos o noso programa Biblioespazo 2018, cuxa primeira actividade infantil terá lugar o sábado 22 de setembro ás 11:00 horas.
Nesta ocasión Caxoto Contacontos transfórmase nun doutor que ven facernos unha particular revisión médica, polo que teremos que pasar algunha proba para a diagnose da nosa doenza (se é que temos algunha).
Esta actividade ven cargada de emocións e o seu obxectivo é que saibamos recoñecelas.
Para participar nesta actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas e os 4 anos cumpridos.
- É imprescindible reservar praza a partir do martes 18 de setembro ás 16:00 horas, no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario