Un día de experimentos
Celebramos o Día internacional da muller e da nena na ciencia

Cada 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da muller e a nena na ciencia, unha data creada para visibilizar o papel das mulleres neste ámbito e fomentar a vocación científica entre as máis pequenas. Na biblioteca queremos sumarnos a esta celebración cunha actividade onde, ademais de divertirnos, descubriremos que a ciencia está presente en moitos aspectos da nosa vida.
A ciencia axuda a comprender mellor o mundo que nos rodea, estimula a nosa creatividade, contribúe a desenvolver habilidades para a resolución de conflitos, axúdanos a cuestionarnos a realidade e esperta a nosa capacidade de superar retos.
É por iso que organizamos para o venres 7 de febreiro ás 18:00 horas unha actividade especial para que os nenos e nenas exploren o papel das mulleres na ciencia e poñan en práctica algún experimento sinxelo co que aprender conceptos científicos básicos dun xeito divertido.
Para participar nesta actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 4 de febreiro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario